A paz
INFORMACIÓN
| Título: | A paz |
| Disco: | Concerto en Xenebra (1976) |
| Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde / A Quenlla |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
España, sangue e area:
trinta millóns de españois
atados a unha cadea.
Todos levan sobre a faz
un carimbo de tristura:
trinta e nove anos de paz.
Paz de cuartel, paz de preso,
paz de pobo asoballado,
paz de pau e tente teso.
Paz do Conde de Fenosa,
gran cabaleiro da industria
que desfixo a terra nosa.
Paz de mazmorra e censura,
paz de mansos periodistas
lambecús da dictadura.
Paz de bispo troglodita,
solideo insolidario,
Don Opus hermafrodita.
España, sangue e area:
trinta millós de españois
van pasando en estadea.

Tamén aparece en:
| Loitando | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.
