Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Camiñar


INFORMACIÓN

Título:Camiñar
Disco:Ollos de nenos (s. d.)
Letra:Suso Vaamonde
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Como soio non sei vivir
quero estar eu xunto a ti
e ollar as túas mans
comprender o teu sorrir.

Quero oír a túa voz
cando xurda cara ao ar
a chamar a esa ilusión
que un día alguén nos roubou.

E de novo camiñar
día, noite, terra e mar
e chegar a comprender
volvernos a namorar.

Quero cantarte hoxe a ti
dende lonxe na soedá
e non poido esquencer
as túas verbas ao marchar.

Si eu poido voltarei
e si non, virás ti a min
pra de novo escomenzar
e sorrir e non chorar.

Tamén aparece en:

Homenaxe no Porto

Para facer unha nova busca, preme aquí.