Compañeiros
INFORMACIÓN
Título: | Compañeiros |
Disco: | Loitando (1975) |
Letra: | Chicho Sánchez Ferlosio |
Música: | Chicho Sánchez Ferlosio |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Eu conocín o crimen unha mañán
Cor ten a miña mágoa de sangue humán
Soio nubes e chumbo o presenciaron
Xiau Grimau, irmán, che asesinaron.
Xa non nasce na terra ni un pensamento
Que non leve o teu nome do corpo dentro,
Da dor da miña terra nasce o meu canto
Cordas da miña guitarra, sodes compañeiras do noso pranto.
Nascerá millo novo antre a besana
A razón foi de novo pisoteada
Mais a pesar de todo eu sei que un día
Ollarás a revolta como querías.
Eu conocín o crimen unha mañán
Cor ten a miña mágoa de sangue humán
Soio nubes e chumbo o presenciaron
Xiau Grimau, irmán, che asesinaron.
Moncho Reboiras, irmán, che asesinaron.
Xosé Baena, irmán, che asesinaron.
Salvador Puch, irmán, che asesinaron.
Garmendia, meu irmán, che asesinaron.
Otaegui, meu irmán, che asesinaron.
Raimundo Patiño, irmán, che asesinaron.
Tamén aparece en:
Concerto en Xenebra |
Para facer unha nova busca, preme aquí.