Eu comprendo que xure o labrego
INFORMACIÓN
Título: | Eu comprendo que xure o labrego |
Disco: | Concerto en Xenebra (1976) |
Letra: | Manuel Rodríguez López |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Eu comprendo que xure o labrego
e maldiga o mal fado que o roe
esquecido de Dios, da Xusticia,
aburado por mil traidores.
Nunha aldea perdida no mundo
isolado no medio do monte,
todo un ano traballa, traballa
pra vivir cheo de mágoas e dores.
O cacique, namentres, arranxa
do aldeano papés, pasaportes...
pra que emigre a lonxanos países
en percura de libras e dólares.
Bo negocio albiscaron os bancos
co traballo dos fillos dos probes
e os camiños abriron da Europa
pra que, escravos, pra iles aforren.
Non importa que a Patria non medre,
tanto ten si Galicia se escoe;
máis proveito deparan que a Industria
as divisas que mandan seus homes.
Tamén aparece en:
Loitando | |
Gravación en Barcelona |
Para facer unha nova busca, preme aquí.