Galicia
INFORMACIÓN
| Título: | Galicia |
| Disco: | Manuel María, fotobiografía sonora (2005) |
| Letra: | Manuel María |
| Música: | Suso Vaamonde |
| Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Galicia docemente
está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra o mar, o vento.
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
¡Si buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

Tamén aparece en:
| Os soños na gaiola | ![]() |
| Lembranza | ![]() |
| As palabras dos galegos | ![]() |
| Así é a miña terra: Volume 2 | ![]() |
Para facer unha nova busca, preme aquí.



