Galicia
INFORMACIÓN
| Título: | Galicia | 
| Disco: | Así é a miña terra: Volume 2 (2003) | 
| Letra: | Manuel María | 
| Música: | Suso Vaamonde | 
| Voz: | Suso Vaamonde | 
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Galicia docemente
está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros
cidades e labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra o mar, o vento.
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
¡Si buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

Tamén aparece en:
| Os soños na gaiola |  | 
| Lembranza |  | 
| As palabras dos galegos |  | 
| Manuel María, fotobiografía sonora |  | 
Para facer unha nova busca, preme aquí.
