Romance de cego in memoriam de F. G. Lorca
INFORMACIÓN
Título: | Romance de cego in memoriam de F. G. Lorca |
Disco: | Primeiro cabodano (1979) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde / Verbas Xeitosas |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
¿A ialba nunca virá?
Meu Federico García
capitán de poesía
morto de noite en Víznar.
O dazanove de agosto
chegou a morte a Víznar.
Entrou vestida de ialba,
pro a ialba nunca virá.
A noite envolta en farrapos
comezou a disparar
relampos diante da ialba
pro a ialba nunca virá.
Levaron a Federico
camiño do máis alá.
Os galos ventan a ialba,
pro a ialba nunca virá.
Cerrollos de aceiro frío
brilaron na escuridá.
Mentiron luces de ialba,
pro a ialba nunca virá.
Longo túnel de silencio
atravesou a cidá.
Granada pediu a ialba,
pro a ialba nunca virá.
Murallas de pedra e sombra
coutaron a libertá.
O pobo recrama a ialba,
pro a ialba nunca virá.
Sangue de estrada e cuneta,
pro a ialba nunca virá.
Berros de anguria e carraxe,
pro a ialba nunca virá.
¿A ialba nunca virá?
Meu Federico García
capitán de poesía
morto de noite en Víznar,
dime que ialba virá,
dime que virá.
Para facer unha nova busca, preme aquí.