Miserere
INFORMACIÓN
Título: | Miserere |
Disco: | Regodobargo (1995) |
Letra: | Ramón Cabanillas |
Música: | Suso Vaamonde |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Morre abafada Galicia
baixo a pouta castelán
temos fame de xustiza
fame de lobo e de can.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
Saien os vapores cheos
nenos i homes que se van
cai o pedrizo dos ceos
e deixa arrasado o chan.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
Ó chegar o San Martiño
os foreiros voltarán
ni esquecerán o camiño
ni as rendas esquecerán.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
Xuraron nas eleccións
faguer a vida levián,
ruben as contribuciós
o ano que ven dobrarán.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
A corenta reas o millo
e non se atopan ni un gran
eles dándolle o sarillo
faguendo como que fan.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
Temos frío, temos medo
de erguer o sacho na man
bebémo-lo viño acedo
e xa o sangue e solimán.
Probe de nós
Probe dos probes sin pan.
Probe de nós
Dios nos colla da súa man.
Tamén aparece en:
Loitando | |
Concerto en Xenebra |
Para facer unha nova busca, preme aquí.