Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Olla meu irmán


INFORMACIÓN

Título:Olla meu irmán
Disco:Soltas (s. d.)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Pedro J. Puértolas
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Olla meu irmao honrado,
o que acontece con Daniel.
Os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda,
O tendeiro desertor,
O vinculeiro da merda,
disfrazado de señor.

O lerdo carca refrito,
o monifate de entroido,
O aprendiz de señorito,
marqués de quero e non poido.

O badoco endomingado,
O franquista pousafol
O forricas desleigado,
o pequeño burgués mol.

O devoto do onanismo,
O feligrés de pesebre,
O tolleito de cinismo,
o que dá gato por lebre.

O rateiro do peirao,
O refugallo incivil,
Válense de Castelao
pra esconder a caste vil.

Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando
dese teu noxento estrume.

Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu,
porque Castelao é noso.

I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito
de apropriación indebida.

Tamén aparece en:

Noticia da nova canción galega

Para facer unha nova busca, preme aquí.