Porta
INFORMACIÓN
Título: | Porta |
Disco: | Ollos de nenos (s. d.) |
Letra: | Celso Emilio Ferreiro |
Música: | Pedro J. Puértolas |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer istes cantos
de escarnio e de maldecir.
Neles, sin ningún aliño,
pro con moito ritintín,
chámolle, tal como os vin,
pan ó pan, i ó viño, viño.
Istes versos o tuntún,
irmau das horas acerbas,
levan pra ti unhas verbas
de amor na Patria común.
Irmau meu na emigración,
galego peregrinante,
ergue a testa, mira adiante,
camiña con decisión.
Aprende a decirlle non
ó paisano denigrante,
ó logreiro, ó negociante
da túa triste condición.
De que despertes é hora,
dilles que non, logo berra
que eres bon fillo da Terra,
que estás coa Nai e Señora.
Tamén aparece en:
Noticia da nova canción galega |
Para facer unha nova busca, preme aquí.