Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Quixen ser


INFORMACIÓN

Título:Quixen ser
Disco:Concerto en A Pobra de Trives (ca. 1985)
Letra:Suso Vaamonde
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Quixen ser unha pomba branca
pra voar á miña terra
e bicar ó meu Susiño
e bicar á miña nena.

Quixen ser unha gota de auga
pra misturarme no mar
e chegar mollado a Vigo
e apertar alí ós meus pais.

Quixen ser e non fun
e agardei pra poder
ser un día esa pomba
que poidera voar.

Quixen ser e non fun
e canso de agardar
soio podo lembrar
o que non poido ser.

Quixen ser tamén o pai sol
pra saír e alumear
a terriña que eu tanto lembrei
neste tempo de tristura e fel.

Quixen ser unha nube branca
que do ceo non poidera caír
pra pouquiño a pouquiño chegar
en forma de choiva ó meu lar.

Tamén aparece en:

Homenaxe no Porto
Ollos de nenos

Para facer unha nova busca, preme aquí.