Romance de cego de Pedro I o inundador
INFORMACIÓN
Título: | Romance de cego de Pedro I o inundador |
Disco: | Loitando (1975) |
Letra: | Miro Casabella |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Miren señores que historia
nun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.
Cheo de uva e de amor
era un val tan fermosiño
era en Galiza unha frol
era Castrelo de Miño.
Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.
Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.
Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en irmandade
ante a infamia responde.
Estas verbas di Fenosa
"si les jodo que mas da,
a mí lo que me interesa
es la ilitricidá".
"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.
Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
prós que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.
Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.
Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.
Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.
Para facer unha nova busca, preme aquí.