Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Loitando


INFORMACIÓN

Título:Loitando
Disco:Concerto en Vigo (1978)
Letra:Isaac Ferreira
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Perciso de cantarlle
a ista Terra esquencida
a isa xente abafada
que ten de avantar.

Loitando cara a terra,
loitando cara o mar.

Xente rexa e calada,
que traballa co gando
e coa grade e coa rede
que vai navegar.

Loitando cara a terra,
loitando cara o mar.

A isa xente que morre
lonxe da nosa Terra
a isa xente cun día
ollaremos voltar.

Loitando cara a terra,
loitando cara o mar.

A isa Terra inmorrente
a pesares do sangue
que até Europa i América
corre a emigrar.

Loitando cara a terra,
loitando cara o mar.

Silente permanezo
ergueito, eiquí agardando
en calisquera intre
sentiros despertar.

Loitando cara a terra,
loitando cara o mar.

Tamén aparece en:

Loitando
As palabras dos galegos
Concerto en Xenebra

Para facer unha nova busca, preme aquí.