Sempre intentan confundirme
a verdade cunha lei.
Parvo intento! Hai moitos anos
que a verdade ben a eu sei.

(As palabras dos galegos. Millán Picouto)

Spiritual


INFORMACIÓN

Título:Spiritual
Disco:Ollos de nenos (s. d.)
Letra:Celso Emilio Ferreiro
Música:Suso Vaamonde
Voz:Suso Vaamonde

ESCOITAR / DESCARGAR

CARÁTULA DO DISCO

Cicáis mañá
cando a miña mirada
non abrolle na luz
como cativa mapoula de auga,
veña a soedade.

Pero oxe canto en libertá
e mentras canto
non estóu isolado,
que o corazón vai conmigo
e con il falo.

Beberéi a paisaxe
nun amencer de lirios.
As campanas do mar
nos ventos fuxidíos.

Cada intre un paxaro,
cada pulso un latexo.
Unha espada de chuvia
cortando a frol do vento.

Nin as olladas torvas,
nin os beizos esquivos,
nin as voces nemigas
nin os homes cativos.

Viviréi coma o lume
alcendido na noite.
Teréi cumios de estrelas,
cantaréi para os homes.

Estóu conmigo mesmo.
O corazón é quen manda,
i eu obedezo.

Tamén aparece en:

Loitando
Concerto en Xenebra
Gravación en Barcelona

Para facer unha nova busca, preme aquí.