Uah!
INFORMACIÓN
Título: | Uah! |
Disco: | Concerto en Salvaterra de Miño (1985) |
Letra: | Popular |
Música: | Popular |
Voz: | Suso Vaamonde |
ESCOITAR / DESCARGAR
CARÁTULA DO DISCO
Este pandeiro que toco
por moito que repenique
non teñas medo que rache
que é de coiro de cacique.
Uah lalalalalailala.
Si me deran a escoller
eu non sei que escollería:
matar o porco de noite,
matar o porco de día.
Viva A Cruña, viva Lugo,
viva Ourense e Pontevedra
e que vaian pro carallo
os ladrós da nosa terra.
Para peixe fresco Vigo,
para chocos Redondela,
para camaróns Moaña,
pra caciques Pontevedra.
Miña sogra cando mexa
seis muíños fai andar.
Carallo pra miña sogra,
que maneira de mexar.
O galego que non fala
na lingua da súa terra
nin sabe que ten de seu
nin é merecente dela.
Preguiceiros de convento
adeprendede a traballar
que o pan do Kyrie eleison
non sempre vos vai durar.
Cando se emborracha un probe
todos din que é un borrachón.
Cando se emborracha o rico,
¡que gracioso está o patrón!
Para facer unha nova busca, preme aquí.